Manuel Cuiña integrará a Comisión de Benestar Social da FEMP
O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña Fernández, formará parte da Comisión de Benestar Social da da Federación Española de Municipios e Provincias (Femp), como vogal designado polo partido socialista. Esta nova responsabilidade súmase á súa participación na executiva do organismo a nivel autonómico (Fegamp).
“Dende este nova designación no ámbito do municipalismo agardo traballar pola mellora na atención e servizos aos cidadáns, sobre todo nuns momentos complicados nos que os dereitos básicos deben de ser unha prioridade”, engade o alcalde silledense.











