José Lodeiro Gesto será o novo director da Banda Recreativa e Cultural da Bandeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
O alcalde de Silleda na reunión co novo director da banda

O alcalde de Silleda na reunión co novo director da banda

A Banda Recreativa e Cultural de Bandeira conta con novo director. José Lodeiro Gesto, de Santiago de Compostela, toma o relevo de Miguel Rodríguez Barrio á batuta, e estrearase ante o público  o vindeiro día 20, no concerto de presentación que terá lugar no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira ás 18.30 horas.

O alcalde, Manuel Cuiña, coñeceu a novo director co que mantivo xa un primeiro encontro no auditorio onde leva varias semanas ensaiando coa banda.

Lodeiro Gesto, de 42 anos,  dirixiu a Banda Isabel II de Touro e a Banda de Recreativa e Cultural de As Pontes.

Cuiña tamén agradece o traballo realizado por Miguel Rodríguez Barrio, que dirixiu a Recreativa e Cultural da Bandeira dende o 2008, destacando a labor realizada pola agrupación ao seu frente nestes últimos anos, e os recoñecemento acadados.

4 de decembro de 2015 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.