Concello e empresarios de Riveira promoven unha campaña entre o comercio local para axudar a familias sen recursos este Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Presentación da campaña solidaria

Presentación da campaña solidaria

Asociación de Empresarios de Riveira e Concello de Riveira alían as súas forzas para impulsar nestas datas festivas unha nova edición da iniciativa Comercio Solidario. Nadal para Todos.

Fabiola García como tenente de alcalde e Antonio Miranda como presidente da patronal foron os encargados de explicar esta campaña que ten como obxectivo colaborar para que as familias en situación de necesidade reciban o apoio dos sectores comercial e empresarial do noso municipio para poder disfrutar desta festividade.

A acción estará aberta dende mañá 22 de decembro ata o 5 de xaneiro e nela poderá participar calquera establecemento comercial, hostaleiro ou empresarial de Riveira, estea ou non asociado á asociación.

Formas de participación

Fabiola explicou as tres posibles alternativas para implicarse na campaña: aportando produtos do propio establecemento, mediante unha achega económica voluntaria ou ben aplicando un desconto sobre os produtos, de tal xeito que o froito desta rebaixa sexa doado polos clientes quedando en depósito no establecemento. En cada negocio colaborador colocarase o distintivo da campaña nun lugar visible.

As empresas interesadas en participar poden poñerse en contacto coa Asociación de Empresarios (981 873 719 / correo@empresariosriveira.com) ou ben co Departamento de Servizos Sociais do Concello (981 875 131 ou servizossociais@riveira.com). 

ONGs

O reparto do recadado será realizado a través das ONGs de ámbito social do municipio coordinadas co Departamento de Servizos Sociais. 

Antonio Miranda animou a todos os comercios a que participen nesta campaña solidaria para que as familias beneficiadas poidan pasar un feliz Nadal. 

Na primeira edición da campaña, celebrada o pasado ano, implicáronse unha vintena de negocios, cifra que se espera igualar ou superar nesta convocatoria.

21 de decembro de 2015 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.