A Xuntanza de Nadal de Maiores reúne a 150 persoas en Silleda
A Xuntanza de Nadal de Maiores reuniu hoxe no restaurante Coteliño de Silleda a 150 persoas, na cita organizada dende a Concellería de Benestar e o Club do Centro Social dos Maiores.
Logo do xantar, no que non faltaron produtos típicos do Nadal, a animación musical correu a cargo de Suso de Melide e os asistentes entraron no sorteo de distintos agasallos. Dende o departamento de Benestar Social a concelleira Pili Peón agradece a colaboración das empresas Nudesa, La Caixa, Eroski, e do restaurante Coteliño, así como da Deputación de Pontevedra, para a celebración deste evento.











