Riveira pavimenta 6.370 metros cadrados en dous viais do polígono industrial de Xarás

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa da pavimentación de dous viais no polígono industrial de Xarás, ademais de renovarse a liña de pluviais. A actuación tivo un orzamento de 54.699.01 euros, IVE incluído, e foi realizada pola empresa foi Canarga, SL.

As vías obxecto da actuación estaban bastante deterioradas, rexistrando importantes baches e zonas disgregadas. Para mellorar o seu estado proxectouse a pavimentación das vías en cuestión (unha delas é a que vai en dirección a San Alberte e a outra está nas inmediacións da nova planta de gas licuado que se está a construír) cunha capa de aglomerado asfáltico en quente tipo de D-12 de 8 centímetros de espesor. A superficie afectada foi de 6.270 metros cadrados (3.170 e 3.100 metros cadrados, respectivamente).

Ademais, renováronse dous tubaxes de pluviais que cruzan a calzada, ademais de poñer a cota as tapas de pozos e arquetas existentes.

17 de novembro de 2015 | 12:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.