publicidade hoxe

Riveira convoca as achegas para a promoción de actividades deportivas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira anuncia no BOP de hoxe a convocatoria de subvencións para a promoción de actividades deportivas no exercicio 2015. Esta liña de achegas están dirixidas a promover actividades dos clubs deportivos existentes no municipio, de acordo cos principios de obxectividade, concorrencia competitiva e publicidade.

Poderá ser subvencionada, ata un máximo do 70% do gasto efectuado e acreditado, co límite de 8.000 euros, a organización de actividades deportivas desenvoltas por entidades deportivas de carácter afeccionado, así como a participación en competicións deportivas sexan ou non federadas, e a organización de eventos deportivos.

As actividades subvencionadas deberán terse desenvolvido entre o 1 de novembro de 2014 e o 30 de outubro de 2015. 

Os conceptos subvencionables serán os seguintes: 

– Arbitraxes

– Mutualidades

– Gastos federativos por inscricións nas ligas ou campionatos.

– Desprazamentos (viaxes, aloxamento e manutención) sempre e cando veñan acompañados na memoria da actividade dun calendario de competicións que xustifique os mesmos.

– Organización de competicións deportivas abertas ao público en xeral.

– Monitorado.

– Material deportivo non inventariable.

Non se subvencionarán investimentos reais. 

O Concello de Riveira dispón dunha contía de 73.748 euros para destinar a esta convocatoria.

 

20 de novembro de 2015 | 11:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.