Resultados do Trofeo Presentación no Centro de Deportes de Raqueta de Coroso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Os pasados días 31 de outubro e 1 e 2 de novembro tivo lugar no Centro de Deportes de Raqueta Santa Uxía, en Coroso, o primeiro Trofeo Presentación organizado polo Club Deportivo Padel Riveira coa colaboración do Concello.

Participaron un total de 50 parellas inscritas nas catro categorías existentes (masculina 1.º cat., masculina 2.ª cat., feminina e mixta). A calidade dos participantes, o amplo público asistente e o bo ambiente deportivo fixeron destas xornadas un éxito, segundo o presidente da entidade, Andrés Lijó.

Cadro de gañadores:

1.ª Masculina:

Campións: Fran e Marcos

Subcampións: Alberto e Manuel Castaño

Consolación: Manuel e Diego

2.ª Masculina:

Campións: Andrés Santiago e Manolo Rivas

Subcampións: Rubén e Juanjo

Consolación: Pera e Toño

Feminina:

Campioas: Silvia e Isa Rivas

Subcampioas: Sesa e Virginia

Consolación: Chus Abelleira e Marian

Mixta:

Campións: Sesa y Carlos Andrés

Subcampioas: Carmen e Fran

Consolación: Chus Abelleira e Diego

Todo o cadro de ganadores nas distintas categorías recibiu un trofeo de mans do presidente do club, Andrés Lijó, e do secretario, Juan José Rivas. Ademais, os campións recibiron unha pala Softee K3 (os hombres) e Softee Hidra (as mulleres) e un paleteiro da mesma marca para os subcampións. 

Cómpre destacar por parte da directiva do Club o interese mostrado polos participantes e afeccionados ao padel polos proxectos do Club e o importante número de incorporacións como novos socios realizadas durante toda a fin de semana.

Por último, lembrar que a documentación para solicitar a alta no Club de Padel Riveira (foto carné, fotocopia de DNI e 20 € de cuota anual) poderá realizarse na conserxería do Centro de Raqueta de Coroso ou nas oficinas de Neumáticos Tino (Polígono de Xaras).

5 de novembro de 2015 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.