O Closing Tour 2015 establece un total de 28 puntos de venda de entradas anticipadas
O festival de orquestras Closing Tour celebrará o luns 7 de decembro (véspera de festivo) a súa cuarta edición, a cal reunirá no pavillón 1 do recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA ás aclamadas orquestras París de Noia e El Combo Dominicano, que estará ao completo; ao grupo revelación La Ricura e á coñecida discoteca móbil eMe Music cos djs Marcos Magán e David Expósito
Para facilitar a compra de entradas de forma anticipada aos interesados en acudir a este evento, a empresa organizadora nesta edición, Piñeiro Pub, estableceu 28 puntos de venda. Deles, un é a través de internet, accedendo directamente á web de Abanca (entradas.abanca.com, apartado festivales) ou chegando a esta páxina a través da web do Closing Tour 2015 (www.closingtour.com). Este punto de venda on line xa está activo.
Os restantes puntos de venda son establecementos físicos nos que se poderán comprar os tickets a partir do vindeiro martes 10 de novembro. Neste listado inclúense, en Silleda, as oficinas da Fundación Semana Verde de Galicia, a Central Agropecuaria de Galicia ABANCA (os martes), os restaurantes A Culler e Casas Novas, o salón de té Lecer, a cervexería O Refuxio e Tiendas Bernabé, a Taberna do Músico (en Bandeira) e a parrillada O Gaucho (en Lamela). En Rodeiro despacharán entradas no Pub Quirós, en Lalín na panadería Bouzada, o Café Bar Picoteo e as Tiendas Bernabé; en Forcarei no supermercado Aliprox, en Vila de Cruces en Disco-Cactus, Tiendas Bernabé e en O Refuxio (en Merza); e en A Estrada tamén en Tiendas Bernabé, Cafetería Invictus e Café Bar Boliche.
Fóra das comarcas do Deza e Tabeirós Montes, as entradas tamén se venderán en Sigüeiro (Oroso) no bar Sigüeiro, en Cuntis no bar Chelsea, en Puentevea (Teo) no bar A Senra, en Arzúa no Café Bar Pedrito, en Melide no Café Bar a Fundación e en Ourense (en A Valenzá) no local de Móvete Galicia.
O prezo da entrada anticipada é de 6€ nos puntos de venda físicos e de 6€ máis gastos de xestión na web de Abanca. En taquilla o custe será de 8€. Os nenos menores de 12 anos poderán entrar de forma gratuíta (acompañados dun adulto).
Tanto estes puntos de venda como toda a información relativa ao festival están recollidos na web do Closing Tour 2015.











