publicidade hoxe

Convócanse aos propietarios dos terreos afectados pola Vía Ártabra nos concellos de Sada e Oleiros para abonarlles 1,3 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaOleirosSada
A-
A+

A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, convocará nas vindeiras semanas aos propietarios dos terreos afectados polas obras de construción da Vía Ártabra nos Concellos de Sada e Oleiros, para abonarlles preto de 1,3 millóns de euros.

Infraestruturas remitiu o pasado venres ao Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña o anuncio polo que se convoca ao primeiro grupo de afectados para o cobro destas indemnizacións e que se publicará nos vindeiros días. Serán 143 as fincas que se abonarán: 100 situadas no Concello de Oleiros, cuxos titulares cobrarán un total de 416.143,09 €, e 43 no de Sada, polas que se abonarán un total de 376.825,52 €. A relación concreta dos afectados aos que se pagarán as indemnizacións estará publicada nos edificios dos respectivos Concellos. 

O pago aos afectados de Oleiros efectuarase o martes 1 de decembro na Casa Charry, debendo acudir entre as 9.00 e as 11.00 horas os titulares dos bens afectados. Pola súa banda, no Concello de Sada o pagamento realizarase o mércores 2 de decembro entre as 9.00 e as 10.30 horas,  na Concellaría de Urbanismo de Sada.

A consellería de Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), ten previsto convocar nas vindeiras semanas o pagamento a un segundo grupo de afectados dos dous concellos. Nestes novos pagos abonaranse expropiacións por 304.435,08 euros a titulares de Oleiros, e 276.858,21 euros a propietarios do Concello de Sada. 

5 de novembro de 2015 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.