Comezan os obradoiros de dinamización para os maiores de Riveira con 593 persoas apuntadas
Xa están en marcha os obradoiros integrados no Programa de Dinamización Social dos nosos Maiores e finalmente son 593 as persoas apuntadas nesta unha iniciativa, que está promovida pola Concellería de Servizos Sociais e Promoción Social do Concello de Riveira.
Tallares de memoria, ximnasia de mantemento, cursos de galego e reforzo educativo integran a programación deste curso 2015-2016, que alberga actividades nas nove parroquias do municipio.
Así, no que respecta á ximnasia de mantemento, a acción repártese polas parroquias de Riveira (na que ao CEIP O Grupo e o IES Número 1 incorpórase por primeira vez o polideportivo da Fieieira), Aguiño, Palmeira, Corrubedo e Artes.
Os talleres de memoria teñen lugar nas nove parroquias, distribuídos en 15 grupos: 4 en Santa Uxía, 2 en Palmeira e 1 en cada unha do resto parroquias.
Os cursos de galego centralízanse no Lustres Rivas de Riveira e, mentres que Santa Uxía, Aguiño, Palmeira e Oleiros dan cabida a obradoiros de reforzo educativo.











