Comeza en Silleda o Plan de Emprego da Deputación

Manuel Cuíña recibe a novos operarios do Plan de Emprego
O alcalde, Manuel Cuiña, concelleiros do grupo de goberno e encargados de varios departamentos municipais recibiron aos 24 operarios/as que hoxe comezaron a traballar no Concello a través do Plan Provincial de Emprego. A través deste plan, Contratáronse 6 peóns de xardinería, 4 peóns barredores; 1 peón de electricidade; 1 peón de fontanería; 2 peóns de pintor; 1 peón de albañilería; 4 peóns de desbroces; un equipo de tempo libre composto por 3 monitores de tempo libre e un equipo administrativo composto por 2 auxiliares administrativos. As contratacións serán por 35 horas semanas durante dous meses, segundo establece o Plan Provincial de Emprego.











