publicidade hoxe

Cítase aos propietarios dos terreos afectados en Rois polas obras da VAP Brión-Noia e a mellora da estrada Padrón-Augasantas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaNoiaPadrónRois
A-
A+

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, cita aos propietarios dos terreos afectados en Rois polas obras da VAP Brión-Noia e a mellora da estrada Padrón-Augasantas (AC-301) para aboarlles máis de 110.000 euros.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña vén de publicar o anuncio polo que se convoca a un grupo de afectados para o cobro destas indemnizacións.

Serán 118 as fincas que se abonarán con estes pagos: 90 polas obras levadas a cabo para a ampliación e mellora da AC-301, polas que se aboarán un total de 70.195,71 €, e 28 para a execución do CG-1.5, cuxos propietarios cobrarán un total de 42.231,81 €. A relación concreta dos afectados aos que se pagarán as indemnizacións estará publicada no edificio do Concello de Rois.

A Axencia Galega de Infraestruturas fará os pago aos afectados na Casa do Concello o xoves 26 de novembro, debendo acudir entre as 9.30 e as 11.30 horas os titulares dos bens afectados.

Recórdase ademais que este mesmo xoves, 12 de novembro, levaranse a cabo pagos a afectados pola execución da vía de alta prestacións no Concello de Noia, segundo se anunciou no BOP do pasado 4 de novembro, e o venres 13 a outros de Lousame, que, en conxunto, cobrarán preto de 250.000 euros.

11 de novembro de 2015 | 13:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.