Adxudícase a subministración dun transformador para o novo mercado municipal de Riveira
A xunta de goberno local procedeu na súa sesión de onte a aprobar a adxudicación con carácter provisional da subministración e instalación de un transformador para o novo mercado municipal de Riveira.
A empresa Malga S.L. foi a que obtivo a mellor clasificación entre as oito entidades presentadas, sendo o importe da oferta de 63.072 euros, IVE incluído.











