Unha trintena de maiores de Riveira participaron na viaxe cultural ao País Vasco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Visita ao Guggenheim

Visita ao Guggenheim

Unha trintena de maiores do municipio participaron entre os pasados días 18 e 23 de setembro nunha viaxe cultural ao País Vasco que estivo promovida pola Concellería de Servizos Sociais e Promoción Social -que dirixe Esther Patiño- dentro do Programa Municipal de Dinamización Social dos nosos Maiores.

A actividade incluíu a estancia en distintas localidades tan fermosas como Bilbao (con visita guiada polo casco histórico e ao museo Guggenheim), San Sebastián, Vitoria ou a vila medieval amurallada de Guetaria. 

Os visitantes tamén se aproximaron ao veciño País Vasco Francés, con visitas a Bayonne, Biarritz, Saint Jean de Luz.

5 de outubro de 2015 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.