Unha trintena de alumnos participan na Feira Internacional de Galicia ABANCA nun curso de manexo de maquinaria
O recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA acollerá esta fin de semana a parte práctica dun curso de manexo de diverso tipo de maquinaria, o cal tamén inclúe unha parte teórica.
O curso, que terá lugar en horario de mañá, contará cunha trintena de inscritos procedentes de distintos puntos da comarca do Deza, dos cales unha parte acudirá o sábado, outra o domingo e outra os dous días.
En canto á ensinanza práctica, o sábado os alumnos asistentes formaranse no recinto no correcto manexo e posibles riscos de carretillas elevadoras, manipuladoras telescópicas e plataformas elevadoras. O domingo o curso centrarase en palas cargadoras, retroexcavadoras e retroexcavadoras mixtas.
Respecto á parte teórica, impartirase no local da empresas silledense Grupo Gallega Laboral, organizadora do evento en colaboración con Galeam Formación.
Os asistentes recibirán un diploma acreditativo por cada unha das máquinas nas que se formen.
O desenvolvemento deste curso, que terá lugar en zonas exteriores do recinto ou no interior dun dos seus pavillóns se as condicións meteorolóxicos non son favorables, pon de manifesto unha vez máis as múltiples posibilidades que ofrece a Feira Internacional de Galicia ABANCA.











