Unha persoa ferida na colisión entre un turismo e un camión en Riveira
Unha persoa resultou ferida despois de chocar o turismo que conducía contra un camión na estrada que une as localidades de Riveira e Porto do Son, na coñecida como ‘recta do Salmón’, segundo informa o 112.
O camioneiro relatou ao centro de atención ás emerxencias -que recibiu a alerta dun particular sobre as 12,20 horas- que, aínda que se trata dun vehículo que leva cartón, ía baleiro nese momento. Indicou ademais que o coche contra o que impactou quedara en moi mal estado e que o seu condutor estaba atrapado polos ferros.
De inmediato, o 112 alertou aos Bombeiros de Riveira e aos de Boiro, e solicitou a intervención de Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico e efectivos do GAEM de Riveira.
Chegados ao lugar do sinistro, os membros do parque comarcal de Riveira confirmaron que a persoa, finalmente, non necesitou ser excarcerada.











