Simulacro de incendio no centro de Amicos

Simulacro de incendio
Protección Civil de Riveira veu de coordinar este mediodía un simulacro de incendio no centro de Amicos en Oleiros que tivo como principal obxectivo poñer en práctica o seu plan de autoprotección.
O exercicio contou coa participación -ademais de Protección Civil- da Policía Nacional, Policía Local e GAEM (Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal).
No desenvolvemento do simulacro partiuse dunha suposta alarma de incendio nunha sala baldeira do inmoble. O exercicio constou da evacuación total e correcta do centro, o control dos usuarios e persoal desaloxado no exterior, e a valoración dos tempos de evacuación e de resposta de medios externos.











