Silleda renderá homenaxe á figura do ex alcalde Juan José Salgueiro Montouto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O vindeiro domingo día 18 celebrarase en Silleda a homenaxe a Juan José Salgueiro Montouto, ex alcalde falecido o pasado mes de marzo. Os actos, organizados por unha comisión de veciños, compañeiros de corporación  e amigos de Salgueiro, co apoio do Concello de Silleda, comezarán ás 12.30 horas coa misa na igrexa parroquial de Silleda, cantada pola Coral Polifónica de Silleda.

A continuación a comitiva trasladarase acompañada polo Grupo de Gaitas de Xirandola ata a praza da Feira Vella, que levará a partir do domingo o nome de Juan José Salgueiro Montouto.

Alí celebrarase un acto en lembranza do que foi alcalde de Silleda entre 1987 e 1999, no que intervirán o alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, e Lala Trabazo, ex concelleira e membro da comisión organizadora. Tamén está confirmada a asistencia de rexedores e ex rexedores da comarca, da directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Blanca García-Señoráns, e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, entre outros.

O acto, no que actuará tamén a Banda de Música Municipal de Silleda, rematará co descubrimento do busto de Salgueiro, realizado polo escultor silledense Fernando Rodríguez.

16 de outubro de 2015 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.