Riveira dará cabida a un curso gratuíto de formación para persoas empregadas no servizo doméstico
A Fundación Humanismo e Democracia (H+D ONG) en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais do Concello de Riveira e co financiamento do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade vai desenvolver no noso municipio un curso gratuíto de formación básica para persoas empregadas no servizo doméstico.
De 30 horas de duración, o curso será impartido por un especialista do sector co obxectivo de dar a coñecer como levar a cabo os labores de limpeza da casa, lavado, secado e pranchado de prendas, etc… Terase moi en conta os aspectos que incidan no coidado dos pequenos e de persoas maiores.
Orientación laboral e xurídica
Así mesmo, inclúe un módulo de orientación laboral básica e asesoramento xurídico sobre o réxime laboral de empregadas de fogar: xornada laboral, vacacións, permisos, cotizacións, etc…
A actividade terá lugar do 19 ao 30 de outubro nas aulas de formación dos Servizos Sociais (situadas na rúa Cristóbal Colón), en horario de 10 a 13 horas.
O curso está aberto a toda a poboación, se ben está especialmente enfocado a persoas inmigrantes e emigrantes retornados.
O período de inscrición xa está aberto. Os interesados poden anotarse en:
Oficina H+D Tlf: 881 031 319 Correo:lmaquieira@hmasd.org
Concello de Riveira Tlf: 981 874 131 Correo: servizossociais@riveira.com











