Portos de Galicia mellorará cun novo pavimento o paseo das Carolinas en Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O ente autónomo Portos de Galicia comunicou ao Concello de Riveira a próxima realización dunha obra de mellora consistente no fresado e posterior pavimentación do paseo das Carolinas na cidade de Santa Uxía de Riveira.

 A actuación, de 5.000 metros cadrados de superficie, estenderase dende a rotonda que comunica coa avenida da Coruña ata o desvío ao parque García Bayón. Será empregado aglomerado asfáltico.

Nova rotonda

Tocante a este tramo, cómpre lembrar que a empresa Acciona, adxudicataria da construción da lonxa, ten previsto tamén crear unha nova rotonda no acceso á nova infraestrutura.

21 de outubro de 2015 | 19:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.