Os centros que forman parte de COGAMI únense á celebración do Samaín
A partir das 11 horas, o centro de recursos de Medelo vaise encher de cabazas, disfraces e mortos viventes. Unhas 70 persoas únense para pasar unha xornada realizando decoración de cabazas, deseñando disfraces terroríficos, pintando e caracterizando caras para fotografarse de recordo diante dun fotocall e, por último, prepararán e compartirán un xantar no que non faltarán postres elaborados para a ocasión.
E para participar deste día, ata Medelo se desprazaron persoas usuarias e profesionais do centro de recursos de Boimorto que é da entidade de persoas con discapacidade Amarai da comarca de Arzúa e Terra de Melide.
Con estas xornadas de convivencia, preténdese que as persoas usuarias dos centros saian da rutina habitual, que se relacionen entre centros e que sexan persoas activas e participativas, ás que se lles posibilita o poder conmemorar e gozar de datas típicas como esta.











