Obradoiro de memoria en Silleda

Obradoiro de memoria en Silleda
Unha das iniciativas incluídas no programa Silleda Activa para o colectivo de maiores é o obradoiro de memoria que se imparte no Centro Social dos Maiores de Silleda. Este mesmo obradoiro, no que están anotadas 17 veciños e veciñas tamén se celebra no Centro Social da Bandeira. As actividades,que tamén inclúen na oferta cursos relacionados coas novas tecnoloxías (manexo de teléfono móbil e de ordenador) e outras relacionadas coa creación artística e exercicio físico, iniciáronse este mes de outubro.











