O traslado ao novo mercado de Riveira realizarase despois da campaña de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O salón de plenos da Casa Consistorial de Riveira acolleu no día de hoxe unha reunión entre o alcalde e os comerciantes emprazados no mercado municipal co fin de concretar os detalles do traslado ao novo edificio.

Nesta xuntanza, na que tamén estivo presente a concelleira Esther Patiño como edil responsable da área de mercados, consensuouse que dito traslado teña lugar unha vez pasada a campaña comercial de Nadal e sexa instalado o transformador.

Así mesmo, os representantes do Concello explicaron tamén as novas cláusulas da ordenanza fiscal reguladora desta actividade, que vai ser sometida a aprobación plenaria a vindeira semana. 

Outro punto tratado tivo que ver coas condicións do traslado, respecto do cal se manifestou que será unha empresa a especializada a encargada de levar a cabo esta operación.

Os praceiros e praceiras suxeriron na reunión unha serie de melloras que atenúen as incomodidades derivadas de ir todos ubicados nunha soa planta e que teñen que ver principalmente coas distancias de separación entre postos. 

Con respecto ao sorteo dos postos, a intención é poder celebralo na segunda quincena de novembro.

19 de outubro de 2015 | 20:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.