O martes ábrese o prazo de matrícula para novos cursos de informática gratuítos en sete parroquias de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa de que o vindeiro martes día 13 de outubro abrirá o prazo de inscrición para matricularse nunha nova serie de cursos gratuítos de informaática organizados polo Concello de Riveira e que se desenvolverán dende o 26 de outubro e o 17 de decembro en sete parroquias do municipio: Aguiño, Artes, Carreira, Corrubedo, Palmeira, Oleiros e Santa Uxía de Riveira.

‘Sácalle o partido ao teu móbil (dispositivos móbiles)’, ‘Iníciate na infomática (alfabetización dixital)’, ‘DNI electrónico e certificados dixitais’, ‘Edición de vídeos’ ou ‘Crea o teu curriculum’ integran a oferta de accións formativas para este último trimestre de ano.

Ademais, como novidade, haberá tamén un curso preparatorio do exame  para obter a certificación galega sobre competencias dixitais (Codix). 

Os interesados poden anotarse do 13 ao 24 de outubro en horario de 10 a 14 e de 16 a 30 horas na aula CeMIT de Riveira (rúa Cubeliños, 26 baixo, teléfono 981 876 043). Tamén poderá facelo a través da web no enderezo https://aulascemit.xunta.es/usuarios/spring/actividades?execution=e4s1 

A inscrición terá lugar por orde de inscrición. Os cursos constan de dúas sesións semanais de hora ou hora e media, dependendo do curso, agás o preparatorio do examen Codix.

9 de outubro de 2015 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.