O curso de de elaboración de páxinas web comeza o 13 de outubro
O Concello de Silleda, a través do departamento de Emprego, que dirixe a concelleira Ana Luisa González, organiza un ano máis o curso de Deseño de Páxinas Web, incluído dentro do programa Actívate 2015, da Deputación Provincial de Pontevedra.
O ciclo, de 40 horas de duración é de carácter gratuito e contará coa participación de 20 veciños e veciñas que se inscribiron previamente. O curso comeza o vindeiro martes día 13. A diferencia de anos anteriores, este ciclo celebrase en horario de tarde (de 16.00 a 20.00 horas), para facilitar unha maior asistencia.
A actividade desenvolverase ata o vindeiro 28 de outubro durante todas as semanas, agás os luns.
Dende o Concello de Silleda volve apostarse así polas novas tecnoloxías nesta nova iniciativa de formación, un dos sectores que tamén está a ofrecer posibilidades para unha saída laboral. A creación de páxinas web tamén se considera dende a Concellería de Emprego unha ferramenta moi útil para emprendedores e o sector do comercio en xeral.











