O Concello de Silleda remite a Educación un informe cos traballos realizados dende o ano 95 no sistema de calefacción do CEIP

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O Concello de Silleda vén de remitir un escrito á Xefatura Territorial da Consellería de Educación en Pontevedra acompañado dun informe sobre o mantemento e reparacións da caldeira de gasoil do CEIP de Silleda e a rede de calefacción da mesma.

Neste informe, realizado polo oficial fontaneiro do Concello, detállanse as actuacións realizadas dende o ano 1995 no arranxo da calefacción deste centro, no que ademais de asumir as competencias dictadas pola Delegación de Industria, se realizaron outras actuacións.

“Con este informe que acabamos de remitir á xefatura de Educación queda absolutamente claro que o Concello de Silleda non só asumiu as competencias que ten no mantemento deste centro educativo no tocante ao mantemento, senon que ser realizaron outras moitas a maiores”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.

Así, o rexedor mantén que “non é de recibo que se acuse dese xeito ao Concello dos problemas de calefacción que acusa este colexio, con case 50 anos de antigüedade e unha caldeira que data do ano 1988”, engade. “É unha absoluta desfachatez cómo está a actuar a xefatura neste asunto, no que aínda por riba teñen a cara de acusar ao Concello, cando queda sobradamente demostrando que se fixo máis do que corresponde a esta entidade local”, engade.

Así, Cuiña pide a través deste escrito ao xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, “que a pasada semana se reuniu cos responsables do centro e da Anpa” que se “disculpe públicamente por mentir deste xeito acusando ao Concello dos problemas na caldeira e na calefacción , cando se trata de unha instalación anticuada e obsoleta que corresponde cambiar á Consellería de Educación”, engade.

Posta a punto da caldeira nestes días

Cuiña, que agarda que a Xunta asuma canto antes o mantemento “tanto dos centros educativos como dos de saúde, como xa tiña que haber feito hai tempo”, avanza que o Concello poñerá a punto a caldeira nestes días para o encendido da calefacción no centro.

“Ao igual que no resto dos edificios públicos municipais ou onde o Concello ten que asumir o mantemento, a calefacción encederanse nestes días”, indica o alcalde.

Cuiña advirte que “pese a todo e tal e como está demostrado a caldeira está agotada e non conta cun rendemento axeitado para dar este servizo no centro educativo”.

22 de outubro de 2015 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.