O Concello de Silleda adxudicará as obras de acondicionamento na nova sede da Escola de Música a vindeira semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O executivo municipal de Silleda adxudicará a vindeira semana en Xunta de Goberno Local as obras de acondicionamento da nova sede da Escola de Música, no edificio municipal sito no recinto feiral. As obras realizaránse segundo o proxecto de adecuación e reforma interior que se elaborou seguindo tamén as directrices do estudo acústico.

O proxecto foi presentado o pasado luns e xa o martes se acordou en Xunta de Goberno convidar a varias empresas para licitar esta actuación, con unha inversión que supera os 60.000 euros.

“Dado que finalmente o traslado do centro ás novas dependencias municipais non se puido realizar para o inicio do novo curso, trataremos de axilizar ao máximo posible os traballos de acondicionamento”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.

Así, as previsións pasan agora por realizar ese traslado aproveitando o parón das vacacións de Nadal na Escola. “En principio, e vendo que os prazos se están axilizando, todo apunta a que as obras estarán listas para esas datas e que no 2016 o edificio se poderá estrenar como nova sede da Escola Municipal de Música de Silleda”, engade Cuiña.

Os traballos previos ás obras de acondicionamento foron iniciados polo Concello de Silleda, con operarios municipal, o pasado mes de xuño. Co derribo de tabiques, retirada de falsos teitos e desmontaxe de lavabos e outro mobiliario.

A estes traballos sumouse tamén o acondicionamento de toda a instalación de electricidade e auga, encargando dende o Concello de Silleda o proxecto de separación de contadores e outros trámites administrativos, cun custe significativo.

Unha vez realizados, no mes de agosto iniciáronse os traballos de campo, por parte dunha empresa especializada do estudio acústico previo ao proxecto de acondicinamento.

As depedencias situaránse na primeira planta do edificio, habilitando unha oficina de administración, dúas aulas (unha de solfeo e outra de música en movemento), zonas e espazos comúns, dous recintos de aseo e un local de ensaio e 170 metros cadrados.

As novas dependencias acondicionaránse seguindo os parámetros do estudo acústico, que marcha as condicións de sonoridade na mellora dos distintos locais.

“O vindeiro martes en Xunta de Goberno aduxicaremos xa estes traballos con cargo á partida reservada nos orzamentos deste ano, e agardamos que nas vacacións de Nadal se poida trasladar o mobiliario dende o centro actual para que a Escola Municipal de Música estrene ano na nova sede”, engade o alcalde.

O traslado da Escola de Música chega logo do histórico acordo entre o Concello de Silleda e a Fundación Semana Verde polo que o antigo edificio das oficinas feirais que acollerá a Escola de Música pasa a ser de titularidade municipal, ao igual que a finca na que se construirá o Centro de Día Residencial de Maiores.

2 de outubro de 2015 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.