O Concello de Riveira remodelará a zona de aparcamentos en Agustín Fernández Oujo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira deu luz verde a unha nova actuación consistente na ampliación dun tramo de beirarrúas en Agustín Fernández Oujo, céntrica vía situada entre as rúas Cordieiro e da Barreira na cidade de Santa Uxía. Esta acción servirá tamén para remodelar e aumentar o número de aparcamentos na zona.

A brigada municipal de Obras será a encargada de realizar estes traballos e, para tal fin, foi aprobado un gasto de 3.980 euros en distintos materiais, incluíndo baldosas brancas raiadas, bordillos, cemento, formigón e area.

A intención do Concello é alongar nunha vintena de metros a beirarrúa da banda que mira en dirección Miguel Rodríguez Bautista diante dunha parcela sen edificar. 

Ademais, na mesma banda rebaixarase un chisco o ancho da beirarrúa xa existente para permitir que os vehículos poidan aparcar en batería e permitir así un maior número de prazas.

7 de outubro de 2015 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.