O Concello de Riveira licita de forma conxunta a conservación de instalacións térmicas en inmobles municipais para un maior aforro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

No ánimo de perseguir un maior aforro económico para as arcas públicas, o Concello de Riveira vén de poñer en marcha unha nova iniciativa destinada a licitar de maneira conxunta o servizo de conservación, reparación e mantemento das instalacións térmicas, de calefacción e auga quente sanitaria de todos os centros de educación infantil e primaria, así como de outras dúas instalacións municipais: o Auditorio e o campo de fútbol de Oleiros.

O Boletín Oficial da Provincia de hoxe anuncia a apertura do prazo de presentación de ofertas para a adxudicación deste servizo, cunha duración de dous anos que se poderían prorrogar con carácter anual ata un máximo de dúas prórrogas. 

O prezo de licitación pola prestación do servizo básico é de 12.350 euros ao ano (IVE incluído). Así mesmo, indícanse prezos de licitación para man de obra consistentes en: 

– Enxeñeiro ou enxeñeiro técnico: 35,50 €/hora (base: 29,34 €/hora; IVE 21%: 6,16 €/hora).

– Oficial de 1ª especialista: 23,50 €/hora (base: 19,42 €/hora; IVE 21%: 4,08 €/hora).

– Oficial de 2ª especialista: 20,70 €/hora (base: 17,11 €/hora; IVE 21%: 3,59 €/hora).

– Axudante especialista: 16,50 €/hora (base: 13,64 €/hora; IVE 21%: 2,86 €/hora). 

O prezo de presentación de ofertas é de quince días naturais contados a partir de mañá, debéndoas presentar no rexistro xeral do Concello.

28 de outubro de 2015 | 11:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.