O centro lúdico infantil da Bandeira abrirá as súas portas a finais de outubro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O Concello de Silleda ten previsto abrir o vindeiro mércores pola tarde o centro lúdico infantil da Bandeira. Este centro, que se plantexa como unha zona de ocio e xogos, -á que se sumarán actividades puntuais-, ubicarase no Centro Cultural Vista Alegre, nunha das salas da primeira planta do edificio.

Esta iniciativa, enmárcase dentro do Programa Avelaíña, que está a preparar o Concello a través do departamento municipal de Cultura, cunha programación específica dirixida ao público infantil e tamén para as familias. Este centro compartirá actividades ca Casa da Xuventude de Silleda a través do citado programa.

O Programa Avelaíña pretende ser un punto de interrelación entre o Concello de Silleda e as familias con nenos, para atender tanto a demanda a nivel de ocupación do tempo libre como a relacionada con outros temas de interese (saúde infantil, nutrición, educación, desenvolvemento dos nenos…).

“Co novo centro da Bandeira, ao que se dotará de mobiliario nos vindeiros días, buscamos tamén dar un servizo ás familias desta localidade, onde residen a día de hoxe moitos nenos e nenas de corta idade, para acudir con eles en horario do Centro Cultural (de 16.00 a 22.00 horas). Un servizo que xa se ofrece en Silleda a través da Casa da Xuventude”, engade a concelleira de Cultura.

23 de outubro de 2015 | 16:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.