O alcalde recibe á nova directiva do Club Deportivo de Pádel Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Reunión do alcalde coa directiva do clube

Reunión do alcalde coa directiva do clube

O alcalde de Riveira Manuel Ruiz recibiu hoxe no Consistorio á nova directiva do Club Deportivo de Pádel Riveira que o pasado 9 de outubro asumiu as rendas desta entidade.

Baixo a presidencia de Andrés Lijó, os membros da entidade explicáronlle ao rexedor municipal os proxectos máis inmediatos que teñen pensado implementar para o impulso do club: primeiramente, a constitución dun equipo federado que poida competir na liga federada en categoría masculina. 

Así mesmo, informáronlle de que entre o 31 de outubro e o 2 de novembro teñen previsto celebrar no Centro de Raqueta Santa Uxía en Coroso unha competición á que lle van denominar, precisamente, Torneo Presentación

Equipo feminino

Outro punto do interese do club de pádel é o de poder contar tamén cun equipo feminino, unha aspiración para á cal queren facer un chamamento ás mulleres da contorna que estean interesadas en formar parte do mesmo para que se poñan en contacto (poden facelo a través da Concellería de Deportes). 

Tamén queren facer extensible tal chamamento a todos os veciños e veciñas que practiquen este deporte ou estean interesados nel para facerse socio.

21 de outubro de 2015 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.