Nova edición da Festa da Bicicleta en Silleda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

Silleda celebra mañá sábado día 17 de unha nova edición da Festa da Bicicleta. A cita, organizada dende a Concellería de Deportes, que dirixe Ana Luisa González,  comezará ás 17.00 horas con saída dende o campo de fútbol do Outeiriño, onde rematará tamén o percorrido.

Haberá agasallos e premios para os participantes así coma o sorteo de unha bicicleta. O percorrido, de aproximadamente 6 kilómetros, discorrerá pola principais rúas de Silleda e polo recinto feiral da Fundación Semana Verde .

Dende a Concellería de Deporte anímase a todos aqueles veciños e veciñas que queiran participar a achegarse ata o campo de Outeiriño, nesta cita apta para doas as idades. Ao igual que en anos anteriores é obrigatorio o uso de casco. 

16 de outubro de 2015 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.