Josep Pàmies impartirá en Silleda unha conferencia sobre plantas medicinais e saúde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O naturalista e divulgador José Pámies estará o vindeiro xoves día 5 de novembro en Silleda para impartir unha conferencia baixo o título “Recobrar a saúde con plantas medicinais”, organizada polo Concello de Silleda e a Asociación de Hostaleiros de Silleda. A cita será na Casa da Cultura ás 20.30 horas.

Nado en  Balaguer (Lleida) en 1948 é un recoñecido conferenciante e defensor do uso de plantas como a estevia, que está prohibida, con propiedades terapéuticas.

Este agricultor, que ten acadada unha notable popularidade pola defensa de herbas como a estevia, foi un dos fundadores do sindicato Unió de Pagesos, ademais de ter participado en distintos movementos anti transxénicos e outras iniciativas. É autor  do libro titulado “Una dulce revolución”, no que explica a súa vida, diserta sobre a estevia e outras herbas con propiedades curativas, e alerta tamén dos perigos dos transxénicos, entre outros.

21 de outubro de 2015 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.