Dous feridos en senllos accidentes rexistrados en Silleda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilledaSucesos
A-
A+

Esta mañá rexistráronse no municipio de Silleda dous accidentes en diferentes puntos da estrada nacional N-525 que une Santiago con Ourense. O primeiro deles tuvo lugar pouco despois das 10.00 horas cando un veciño da Bandeira, M.P.R., de 63 anos de idade, foi atropelado no paso de peóns situado á altura do número 34 da rúa Xeral desta localidade, por un vehículo modelo Renault Vellsatis conducido por un veciño de Silleda.

O home, que resultou ferido grave, foi evacuado en ambulancia ata o Hospital Clínico de Santiago. Por mor deste accidente, o tráfico desviouse polas rúas aledañas (rúa do Parque e Ramón Venezuela), mentres non se evacuou ao ferido.

 Ata o lugar achegáronse efectivos da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.

Neste punto xa se teñen producido outros atropelos, algún con resultado mortal.

Despois ás 11.30 horas, producíase outro sinistro tamén na N-525, na localidade de Silleda, cunha colisión por alcance. Ocurriu no semáforo situado no cruce coa rúa Venezuela, cando un tractor adicado á explotación de madeira embestiu por detrás a un turismo, un vehículo Seat Ibiza.

A condutora do turismo, unha moza veciña de Silleda, A.V. V.R., resultou ferida e foi trasladada a un centro asistencial de Lalín.

20 de outubro de 2015 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.