Breixa celebrará o 24 de outubro a décimo sexta edición da Festa da Castaña
A gastronomía volve ser protagonista en Silleda este mes da man dun dos produtos típicos do outono. Así , a parroquia de Breixa celebra o sábado día 24 a XVI Festa da Castaña, organizada pola Asociación Cultural O Cruceiro de Breixa. Será a partir das 21.30 no campo da festa, que estará cuberto.
O menú está composto por panceta, castañas asadas, postre, pan viño e café. As entradas custan 8 euros e poden mercarse no Bodegón de Esther (Silleda); Bar Sanse, en O Castro; na taberna de Martixe e na taberna de Saídres.
Haberá tamén servizo de polbeiro.
A velada estará amenizada polo dúo Meritxell.











