Acométese a pavimentación dunha pista na contorna da capela das Angustias en Bretal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Pavimentación da pista

Pavimentación da pista

A Brigada Municipal de Obras do Concello de Riveira estivo realizando estes días unha pequena actuación consistente na pavimentación dunha pista na contorna da Capela das Angustias, en Bretal (parroquia de Olveira).

Co fin de executar esta obra, na que tamén se mellorou a liña de pluviais, foi preciso adquirir 15 metros cúbicos de formigón e 20 toneladas de area, cun importe de 1.922 euros.

13 de outubro de 2015 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.