publicidade hoxe

A Xunta cita aos propietarios dos terreos afectados pola variante de Noia e da vía de altas prestacións Brión–Noia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBriónLocal PortadaNoia
A-
A+

A consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), citará nos vindeiros días aos propietarios dos terreos expropiados pola construción da Variante de Noia para abonarlles preto de 700.000 euros en concepto de expropiacións, tal como informa o Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña nun anuncio polo que se convoca a un grupo de afectados para o cobro destas indemnizacións.

Abonarase o pago a 230 fincas, unha cantidades derivadas das obras levadas a cabo para a execución da variante. A relación concreta dos afectados aos que se pagarán as indemnizacións estará publicada no edificio do Concello de Noia.

O abono aos afectados pola Variante efectuarase na Casa do Concello o martes 10 e o mércores 11 de novembro, debendo acudir entre as 9:30 e as 11:30 horas os titulares dos bens afectados.

Nos vindeiros días, ademais, publicarase no BOP da Coruña a data na que se pagará aos afectados pola vía de altas prestacións Brión – Noia, que tamén se realizará na Casa Consistorial de Noia. Neste caso, os pagos ascenderán a algo mais de 95.202,82 € e se corresponderán coa ocupación de 123 fincas.

Datos básicos das actuacións

En febreiro de 2011, completouse a execución da vía de altas prestacións entre Brión e Noia, infraestrutura na que se inverteron 87 M€ e que mellora as comunicacións entre Santiago e a ría de Muros e Noia; un beneficio que se iniciou coa execución da autovía entre Santiago e Brión. A execución destes dous viais permitiu un aforro no tempo de desprazamento entre Santiago e Noia no entorno dos 25 minutos, o que se supuxo un aforro da metade no tempo de percorrido.

No verán de 2014, púxose en servizo a coñecida coa variante de Noia, unha infraestrutura que une as dúas marxes da ría de Muros e Noia evitando o tráfico de tránsito no casco urbano noiés, moi demandada historicamente polos veciños desta comarca, e de xeito especial polos de Noia e Porto do Son.

A variante conta cunha conexión directa coa vía de altas prestacións Brión-Noia, e unha conexión mediante glorieta coa Variante de Outes, creándose así un no de vías vertebradoras que evita o paso polos núcleos urbanos.

28 de outubro de 2015 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.