A Mesa de Contratación do SAF procederá á apertura de plicas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

A Mesa de Contratación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) procederá mañá mércores á apertura de plicas coas ofertas para a prestación deste servizo no Concello de Silleda. Unha vez rematado o prazo establecido na convocatoria, ao proceso presentáronse un total de 7 empresas do sector.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra publicou o pasado día 9 de outubro as bases da convocatoria anuncio de licitación deste servizo que sae a concurso por un prazo de 2 anos prorrogable por outros 2

As condicións de adxudicación foron aprobadas no último pleno ordinario do pasado 24 de setembro.

O orzamento de licitación calcúlase sobre o prezo por hora, distinguindo entre o servizo ordinario (laborables e sábados pola mañá), con 11,70 euros/hora (IVE excluído) e extraordinario (sábados pola tarde, domingos e festivos), con 13,70 euros/hora.

A adxudicación realízase por procedemento aberto. O servizo foi externalizado polo Concello de Silleda o pasado ano, subrogando a empresa adxudicataria ás 5 traballadoras municipais do servizo. O cadro de persoal actual está formado por 20 empregadas.

O servizo será adxudicado nos vindeiros días.

27 de outubro de 2015 | 20:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.