A concelleira de Cultura reúnese con Ricardo Durán para abordar a colaboración das entidades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
A concelleira de Cultura con Ricardo Durán

A concelleira de Cultura con Ricardo Durán

A concelleira de Cultura de Silleda, María José Fernández, mantivo esta mañá un encontro co director xerente da Semana Verde, Ricardo Durán, para abordar a colaboración de ámbalas dúas entidades na celebración de distintos actos e actividades. Ademais da inminente programación de Nadal que organizará o Concello de Silleda, e que volverá a contar con concertos a celebrar no auditorio do recinto feiral, no encontro tamén se abordaron outras actividades futuras, no marco do convenio de colaboración asinado en setembro de 2014.

Grazas a este acordo pódense celebrar no recinto feiral distintas actividades a cambio de asumir o Concello os gastos de limpeza, mantemento… “Trátase dun convenio que beneficia tamén a distintos colectivos e agrupacións do noso municipio”, explica a concelleira.

A Concellería de Cultura celebrará xa a vindeira  semana a primeira reunión de traballo para deseñar o Programa de Nadal 2015-2016, a que asistirán os responsables e técnicos municipais das distintas áreas.

21 de outubro de 2015 | 10:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.