Xóvenes de Silleda e Lalín engrandecen a beleza da comarca potenciando o seu coñecemento entre a veciñanza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínSilleda
A-
A+

DESCUBRÍNDONOS é un proxecto que nace dun grupo de xóvenes de Silleda e Lalín que se coñeceron realizando o curso de monitores/as de tempo libre. O grupo está conformado por: Alberto Pereiras Pena de Silleda, Javiera Cortés Suárez de Lalín, Carmen Villanueva Ansedes de Silleda, Marta Taboada Núñez de Lalín, Jonathan Vilanova Ramón de Silleda

 Ao mesmo tempo que nos estábamos formando para ser futuros monitores e monitoras de actividades de tempo libre coñecemos a existencia de recursos da nosa propia zona que descoñecíamos, así como a diversidade de alternativas que existen para poder realzar e levar a cabo os nosos proxectos. Dentro deste contexto, a escola de tempo libre ALOUMIÑA que nos estaba a impartir o curso organizou durante o mesmo unhas sesións de realización de proxectos, animándonos a participar, a reflexionar e xerando así un intercambio de inquietudes dos cales nace o grupo informal “Interdeza”, coa afán de facer intercambios e aumentar os coñecementos dos Concello de Lalín e Silleda, dentro da Comarca do Deza.

O primeiro que fixemos no grupo informal foi unha valoración da cantidade de recursos dos que dispoñemos na nosa zona e o gran descoñecemento que temos dos mesmos, falando de recursos etnográficos, patrimoniais, culturais, etc.Ante esta necesidade, creamos este proxecto que ten por obxectivo descubrir máis o noso concello ao mesmo tempo que llo mostramos aos demais por medio dun intercambio.

Ademais, unha das causas polas que nos decidimos poñer en marcha “Interdeza”, é para fomentar unha participación máis activa da xuventude, e a creación de espazos para a comunicación, sen ter que buscar os recursos de fóra do seu entorno, senón que se trata de buscaralternativas de ocio e de participación cos medios dos que dispoñemos no noso propio concello. Ao mesmo tempo, buscaremos un aliciente para a nosa descuberta, que será o intercambio.Non só descubriremos cousas novas do noso propio concello, senón que co intercambio, deberemos ensinarlle a información recabada aos participantes doutro concello, o que nos enriquecerá intensamente xa que propiciará unha comunicación profunda sobre intereses comúns que nos unen. Por esos creamos este PROXECTO: DESCUBRÍNDONOS. Que son intercambios entre o Concello de Silleda e o Concello de Lalín.

DESCUBRÍNDONOS é un intercambio entre dous grupos de mozos e mozas de dous concellos próximos (Lalín e Silleda que ten como finalidade descubrir aos mozos/as os recursos naturais, sociais e patrimoniais do seu entorno máis próximo, á vez que se poñen en marcha novos espazos de comunicación. Ante unha falta de coñecemento dos recursos que existen na nosa zona, realizase este proxecto, no cal un grupo de Silleda preparará unha visita de descuberta para persoas que veñan de Lalín, onde potenciarán todos e cada un dos recursos da zona e as alternativas existentes. Nunha segunda fase deste intercambio, será o grupo de Lalín o que ensine os seus potenciais por medio dunha fin de semana de convivencia, descuberta propia e mutua.

O intercambio constará de dous fines de semana5 e 6 de setembro, e 12 e 13 de setembro, nos cales os/as xóvenesxogarán dous papeis principais: por unha banda serán guías e do seu entorno na acollida no seu concello, e por outro lado experimentarán o outro punto deste proxecto, sendo guiados cando os acollan noutro concello. Utilizando as novas tecnoloxías como ferramentas de comunicación, pero sen descoidar a comunicación humana e tradicional do cara cara. O proxecto “Descubríndonos” pretende impulsar o mellor coñecemento  dos recursos que nos rodean para o seu aproveitamento e difusión con información específica atractiva á xente xoven.

Con estas accións crearase unha rede de información e de recursos entre Silleda e Lalín, que nos dan o nome do noso grupo informal:“Interdeza”. Que se recollerán no blog do proxecto, e se farán chegar as nosas ideas e aportacións aos técnicos de turismo e xuventude dos respectivos concellos. Como o inicio deste grupo foi un curso de formación, pretendemos seguir fomentando e coidando esas relacións persoais e crear novos vínculos (ferramentas) de traballobaseada na comunicación intrapersonal fluída.

9 de setembro de 2015 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.