Val do Ulla e Bertamiráns A proclámanse campións do Torneo de Futbol Alevín e Benxamín da Escola de Fútbol de Silleda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
Equipo campión

Equipo campión

A pasada fin de semana celebrouse no campo de Outeiriño unha nova edición do Torneo de Fútbol organizado pola Escola de Fútbol de Silleda, cun grande éxito de participación. Máis de 1.200 persoas acudiron durante as dúas xornadas ao torneo, que comezou o sábado coa categoría Alevín. Val do Ulla foi o campión nesta modalidade, tras imponerse ao Caldas, que quedou subcampión. O Ourense C.F acadou o terceiro posto e o Cuntis foi o cuarto clasificado. O campión consolación foi o Lalín e o Estrada subcampión.

Raúl Gallego, do Ourense,  foi elixido o mellor xogador e Carlos García, do equipo de Caldas, o mellor porteiro. 

Na xornada do domingo tocoulle o turno aos Benxamíns. O Bertamiráns A foi o campión do torneo tras imponerse na final ao Ourense CF. O Callobre foi o terceiro clasificado seguido no cuarto lugar polo Abanqueiro. Elixiuse mellor xogador a Juan Ferreiro, do Bertamiráns, e mellor porteiro Álvaro, do Ourense C.F.

O equipo anfitrión, a EF Silleda, quedou campión na fase de consolación e o Bertamiráns B foi subcampión.

A concelleira de Deportes, Ana Luisa González, que participo una entrega de trofeos felicitou aos equipos e á organización por este novo e e existoso torneo.

8 de setembro de 2015 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.