Un total de 55 mulleres participarán na viaxe a París organizada polo CIM de Silleda

Reunión do CIM de Silleda
O Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Silleda organiza do 6 ao 9 de novembro próximos unha excursión a París, na que participarán un total de 55 veciñas do municipio. A concelleira de Benestar Social, Pili Peón, e as integrantes do CIM, a directora do Carmen Miranda, e a psicóloga Anxos García, presentaron hoxe esta iniciativa antes as participantes. Ademais de lembrar as funcións deste centro de atención ás mulleres, tamén explicaron os pormenores da expedición á capital francesa.
Con esta viaxe búscase favorecer e potenciar a presenza e participación das mulleres de Silleda en todos os ámbitos da vida cultural do municipio, facilitándolles a posibilidade de vivir e de coñecer a historia e o patrimonio cultural doutros países e rexións.
A saída e a chegada será dende o aeroporto de Porto
Esta viaxe á capital francesa súmase ás realizadas en anos anteriores a cidades como Bruxelas ou Roma.











