Silleda acolle este domingo a V Ruta de Tractores Clásicos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

Este domingo día 13 de setembro celébrase a V Ruta de Tractores Clásicos, que partirá de Carboeiro. Alí esta previsto que se concentren os participantes sobre as 10.30 horas, realizando unha visita guiada ao mosteiro románico.

Sobre as 11.00 partirán cara ao seu destino final, a parroquia de Xestoso, pasando por Silleda sobre as 11.30.

A ruta rematará na citada parroquia, onde se celebrará un xantar de confraternidade.

11 de setembro de 2015 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.