Seis usuarios da unidade asistencial de drogodependencias de Riveira restauran o barco da rotonda de Xarás

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Restauración do barco

Restauración do barco

Usuarios da Unidade de Asistencia de Drogodependencias (UAD) de Riveira están a restaurar estes días o barco emprazado na rotonda de Xarás, principal porta de entrada á cidade de Santa Uxía dende a autovía de Barbanza. Baixo a guía do mestre carpinteiro Manuel Casais, son seis os usuarios implicados nesta acción que, ao tempo que contribúe ao obxectivo fundamental da integración social dos pacientes implicados, serve así mesmo para recuperar e poñer en boas condicións este ben municipal. 

Os traballos desenvolvidos inclúen a substitución da madeira podre por outra madeira tanto no casco como na ponte; o revestimento da cuberta con poliéster, a colocación dunhas novas caxoneiras e o pulido e pintado do barco. Está previsto rematar este labor o venres ou o luns, sempre que a meteoroloxía acompañe.

16 de setembro de 2015 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.