publicidade hoxe

Pazos de Borbén organiza un curso de preparación para obter o título de ESO

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

O Concello de Pazos de Borbén organiza un curso de preparación para obter o título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). O ciclo está orientado a maiores de 18 anos que desexen adquirir esta titulación nas probas de acceso libre que organizará a Xunta de Galicia o próximo ano.

Para explicar aos futuros alumnos, e a todos os interesados, dos detalles do curso (prezos, datas, horarios, duración…) está programada unha charla informativa para este venres, ás 18:00 horas, no salón de actos da Casa do Concello de Pazos de Borbén.

Hoxe en día o graduado en educación secundaria é un dos principais requisitos que todas as empresas solicitan para traballar. Por este motivo, e como parte da súa estratexia de loita contra o desemprego a través da formación, o Concello decidiu pór este curso a disposición de todos os seus veciños.

Os interesados en recibir máis información poden facelo a través do teléfono 986 497 035, á atención de Isabel, ou nas oficinas da Casa do Concello en horario laboral de luns a venres.

16 de setembro de 2015 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.