O Torneo de Pádel Festas do Cristo pechou coas mellores xogadas a cargo dos grandes

Entrega de premios
Desde o pasado luns 31 de agosto, centos de afeccionados ao pádel foron enfrontándose nas instalacións do Polideportivo Municipal do Porriño, clasificándose os mellores para as finais disputadas desde as 8:30 h da mañá deste domingo, onde puidemos coñecer aos gañadores deste Torneo de Pádel Festas do Cristo 2015.
A alcaldesa do Porriño, Eva García da Torre, xunto aos concelleiros Manuel Carreira, Soidade Girón e Orlando Márquez acudiron a felicitar persoalmente a estes deportistas, comprobando de primeira man o gran nivel con xogadas e golpes realmente marabillosos que os números un do mundo ofreceron ao público presente, cifrado pola organización nunhas 900 persoas que acudiron ao pavillón número dous de Porriño.
E é que ás 13.00 h desenvolvíase unha exhibición coas mellores parellas do pádel mundial, entre Juan Martín Díaz -nº 1 do mundo durante 13 anos xunto a Fernando Belasteguín-, David Gutiérrez, Ramiro Moyano e Juani Mieres, que durante os últimos 7 anos mantivéronse na elite deste deporte, que afortunadamente cada vez con máis adeptos tanto en España como a nivel mundial.
O torneo finalizou coa entrega de trofeos a man da alcaldesa do Porriño e os concelleiros presentes, cos seguintes resultados:
1º Feminina.- Paloma Lázaro e Raquel Seijo fixéronse coa vitoria ante Marta Rodríguez e Beatriz Rodríguez, por un contundente 6-2, 6-2.
2º Feminina.- Marina Rustullet e Esther Posse obtiveron o triunfo ante Ana Estévez e Sofía Rodríguez, cun resultado de 6-4, 7-6.
3º Feminina.- Belén Fernández e Vicky Cores gañaron a Picuca Martínez e Carla Iglesias en tres disputados set.
1ª Masculina.- Mención especial para esta final que foi disputada en tres longos set entre Juan Santano e Jano Alonso contra David Del Barrio e Jaime Carreira, alzándose coa vitoria para os primeiros, en tres set.
2º Masculina.- Triunfo para Severino Represas e Manu Castaño que se impuxeron a Julio Roberes e Javier Matínez, en tres set
3º Masculina.- Carlos Vázquez e Pablo Pérez puideron finalmente con Emilio Pena e Santi Miguel, en tres axustados set.
Na categoría mixta o triunfo foi para Lorena Curiel e Hugo Corney que se impuxeron ante Borja Díaz e Marta Rodríguez.
Este evento, único desta categoría desenvolvido en Galicia nos últimos anos, resultou un día memorable para o deporte en xeral e O Porriño e particular.











