O Servizo Lúdico Educativo do Concello de Silleda é adxudicado á empresa Máisescola XXI
A Xunta de Goberno de Silleda acordou hoxe adxudicar, a proposta da Mesa de Contratación creada ao respeto, á empresa Máisescola XXI o Servizo Lúdico Educativo. A citada empresa foi a que obtivo unha maior puntuación, despois de realizar as valoracións segundo os informes técnicos e a apertura dos respectivos sobres coas propostas e as melloras ofertadas.
A oferta económica presentada pola empresa que resultou adxudicataria foi de de 150.000 euros. O servizo prestarase, segundo recollen as bases de adxudicación, durante 4 anos.
Ao proceso presentáronse un total de 4 empresas, aínda que finalmente unha delas quedou excluída por non cumprir os requisitos. Así, a segunda puntuación foi para Asociación para o Desenvolvemento Social da Comarca do Deza-Acode e en terceiro lugar quedou LiiBéLuLa S.C..
O servizo comezará a prestarse o vindeiro día 10 de setembro coincidindo co inicio do curso escolar 2015-2016.
Unha vez acordada a adxudicación, dende o Concello requerirase á empresa que presente a documentación necesaria para asinar o contrato.
Reunión cos pais
A concelleira de Educación, Pilar Peón, -que asistiu á Mesa de Contratación, pese a non formar parte da mesma-, manterá a vindeira semana un encontro cos pais e nais dos alumnos/as do servizo, para presentar aos responsables desta firma e resolver calquera dúbida sobre horarios ou outras cuestións relativas ao servizo.











