O presidente da Deputación da Coruña recibiu ao alcalde de Sada, Benito Portela

O presidente da Deputación co alcalde de Sada
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu esta mañá no seu despacho da institución provincial ao alcalde de Sada, Benito Portela. O rexedor sadense entregou ao presidente unha proposta para a construción de sendas peonís en diversas estradas de titularidade provincial dentro do termo municipal, unha cuestión que dende o Goberno provincial se comprometeron a estudar.
Nesta primeira toma de contacto oficial, que ambos dirixentes cualificaron de cordial e produtiva, González Formoso e Portela abordaron ademáis futuras fórmulas de colaboración entre ambas administracións en materias como servizos sociais, cultura ou deporte.
Portela invitou ademáis ao presidente provincial a visitar o Concello de Sada nas vindeiras semanas.