O prazo de solicitude de becas para o transporte e as axudas á compra de material escolar remata mañá

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

Mañá xoves día 10 será o último día para solicitar no Concello de Silleda as  becas para o transporte, destinados a universitarios/as e estudantes de ciclos formativos  que cursen estudos oficiais en algún dos Campus e/ou institucións da Comunidade Autonóma.

A día de hoxe hai xa 31 solicitudes rexistradas. Unha vez que remate o prazo procederase á revisión das mesmas e a comunicar a súa resolución ás persoas solicitantes.

O importe máximo da subvención por beneficiario/a será de 450 euros, para todo o curso 2015/2016.  Poderán optar a estas axudas persoas residentes e empadroadas no municipio de Silleda (alomenos un ano antes da publicación das bases), e que cursen os referidos estudos universitarios e ciclos formativos. Así mesmo, a renda per cápita familiar debe de ser igual ou inferior a 10.000 euros.

A diferencia de anos anteriores, e ao igual que aconteceu xa o pasado ano, as axudas serán con ingreso directo na conta bancarias dos beneficiarios. As solicitudes deben de presentarse no Rexistro Xeral do Concello, cumprimentando o formulario anexo as bases e achegando outra documentación. Así, os solicitantes deben presentar fotocopia do seu DNI, da matrícula do curso escolar en curso, copia da renda familiar do exercicio 2014, ou no seu caso certificado da Axencia Tributaria de non telo e certificación bancaria da conta a nome do beneficiario da axuda ou no seu caso do titor/a legal do mesmo.

Axudas para material escolar

Por outra banda, tamén mañá será o último día para pedir as axudas complementarias para que as familias con poucos recursos poidan completar os gastos destinados a mercar libros e material escolar, que non lle cubre o vale concedido pola Xunta de Galicia. 

Serán beneficiarias aquelas familias que precisan de protección especial ou con todos os seus membros en situación de desemprego, con alumnos/as que cursen estudos de Primaria ou ESO. A día de hoxe xa se presentaron 23 solicitudes.

9 de setembro de 2015 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.