O Porriño vibrou cos motores do Trofeo de Karting Festas do Cristo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+
Entrega de trofeos

Entrega de trofeos

O pasado sábado 19, o circuito Go-Kart de Porriño acollía esta competición que reuníu ós mellores pilotos da provincia, para disputar o Trofeo Festas do Cristo; ó que tamén acudíu o concelleiro Orlando Márquez, que se encargóu, xunto co propietario do recinto, Manuel Pereira, de facer a entrega de medallas e trofeos. 

Dende as 10.00 h da mañá, os motores comezaban a ruxir cos adestramentos libres das distintas categorías -Alevín, Cadete, K125, KZ e Copa NSS Men e Girls-; deste xeito quentaban roda para comezar coa fase de clasificación, que comezaría a partir das 10.30 h.

Neste circuíto de 800 metros, puidemos apreciar as mellores fazañas dun total de 44 pilotos de kart, entre os que destacaban as únicas mulleres da competición xeral, a alevín Lucía Mariño Estévez (Mondariz) e a piloto de KZ, Ana Fernández Alonso (Porriño).

Precisamente, Lucía Mariño foi a primeira clasificada dos alevines realizando unha volta rápida de 46,803 segundos, seguida do seu irmán Alexandre Mariño e o vigués Unai Castelo na terceira posición. 

Na categoría cadete, que se desenvolveu ás 16.00 h realizando 10 voltas, o primeiro posto foi para José Antonio Martínez, de Vigo, que realizou exactamente o mesmo tempo que a primeira clasificada alevín, precedido no pódium por Hugo Barreiro (Vigo) e o mosense Brais Alonso, que se facía co bronce.

Pasando ás categorías de maior cilindrada, na K125, tras 15 voltas ao circuíto fixeron pódium:
1º.- David Alonso Rodríguez, de Mos.
2º.- Juan Manuel Rodríguez, de Pontellas.
3º.- Alexandre Fernández, de Vigo

Na categoría KZ, onde os karts xa dispoñen de marchas, a clasificación foi:
1º.- Miguel González, de Nigrán.
2º.- Ana Fernández, de Porriño.
3º.- José Benito Diéguez, de Verín.

A categoría NSS, na que se distingue entre categoría masculina e feminina, é unha competición de karting que reúne a afeccionados ó karting en distintas categorías. Actualmente a Copa NSS desenvólvese íntegramente en Go-Kart Porriño, aproveitando as vinte variantes posibles do circuíto. Nesta ocasión os primeiros postos foron en NSS Men para Rubén, Cristian e Rodrigo; e na NSS Girls, Teresa, Mouti e Alexandra. 

22 de setembro de 2015 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.